Deseño editorial

desenhoeditorialEn Dseña aváliannos máis de vinte anos de experiencia no sector editorial e na edición de libros de todos os xéneros, así como revistas e publicacións periódicas. Iso permítennos ofrecerche servizos e prezos sen competencia no mercado. Se es unha editorial ou se es unha persoa ou empresa que precisa ordenar ou publicar un libro, en Dseña podes partir desde cero. Nós axudámosche a dar forma a esa obra que precisas para proxectar a túa imaxe ou os teus coñecementos. Somos expertos editores desde 1989 e facemos traballos de redacción, tradución, clasificación e tratamento dixital de fotografía e ilustracións, maquetación, grafismo e mais deseño de cubertas e coleccións.