Quen somos

Punto G • Servizos Creativos  é o estudo de Xurxo Bértola, profesional con décadas de experiencia en grafismo editorial, corporativo e publicitario. Comeza no mundo editorial da man de Sotelo Blanco Edicións en 1988 despois de licenciarse en Filosofía pola USC. Tras esta primeira experiencia no sector, decántase polo deseño gráfico e comeza a traballar en 1990 nun gabinete de Barcelona no que se centrará no deseño e produción de publicacións corporativas.

Somos especialistas en edición, grafismo e imaxe dixital.

En 1992 comeza a colaborar cun grupo editorial internacional con sede en Sant Cugat del Vallés onde se especializa no tratamento da imaxe e a reprodución en color de alta definición. Desempeña o labor de desenvolvemento e dirección de calidade das publicacións. Tras quince anos nesta compañía, e despois de ter retomado a colaboración con Sotelo Blanco Edicións regresa a Galicia en 2006 onde finalmente, desde 2008, se establece como profesional independente.

No eido da comunicación colabora desde 1997 a 2006 co xornal electrónico Vieiros, do cal foi correspondente en Barcelona e xestor da edición local durante unha década. Vieiros foi o primeiro xornal electrónico en galego e unha referencia dos medios de comunicación dixitais en Galicia na primeira década deste século.

Confíanos a túa imaxe e a túa visibilización comercial e verás a diferenza.

Colabora tamén con Planeta de Agostini nas traducións ao galego das coleccións de DVDs que esta editora produce sobre o Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

En 2012 constitúese como editor por conta propia baixo o selo Punto G Edicións e publica a tradución ao galego do O clan do oso das cavernas e mais O val dos cabalos de Jean M. Auel, dous best-sellers internacionais que abren a saga dos Fillos da Terra, unha serie literaria que acadou máis de 45 millóns de lectores e lectoras en todo o mundo.