Servizos

Deseño gráfico

Ofrecemos unha resposta eficiente e económica na xestión da túa imaxe en calquera soporte, así como o tratamento e a creatividade nos ámbitos do deseño gráfico comercial. Garantimos unha personalización exclusiva e dedicada ás túas necesidades específicas. Packaging, trípticos, folletos, catálogos, rollers e pancartas… levamos a cabo o deseño gráfico de todos os elementos de difusión interna ou externa da túa empresa ou negocio. Desde o principio ata o final do proxecto asesoramos en formatos, materiais e acabados, para que o deseño chegue ás túas mans cun resultado óptimo que che permita proxectar e posicionar a imaxe da túa empresa ou negocio no conxunto do seu sector.

Comunicación

Unha simple tarxeta, unha carta dun restaurante, un rótulo, un reclamo… son ferrramentas visuais que te axudan a ter presenza. Calquera soporte é un escaparate para o teu negocio. Se te diferencias do resto, se estás aí, se é doado atoparte e brillas con luz propia, se lle dás importancia ao teu traballo, o cliente sempre valorará a túa inquietude e saberá premiar o teu perfeccionismo.

Identidade Corporativa

A imaxe dun proxecto comercial ou empresarial é un aspecto que non se debe descoidar baixo ningún pretexto. O teu produto ou servizo é importante, pero o xeito de mostralo ao mundo forma parte inseparable do que vendes. A túa imaxe debe achegar sempre un valor engadido, xamais supoñer un hándicap.

Branding

Buscar un nome, pensar nunha marca para un negocio xa consolidado, situarse visualmente nun mercado cada vez máis competitivo… construír marca precisa de horas e horas de traballo conceptual e creativo. Pero sempre é un investimento seguro. Todo emprendedor ou emprendedora soña cunha marca recoñecida socialmente.

Catálogo

Moitos negocios precisan do seu propio relatorio. Un bo catálogo é unha ferramenta extraordinaria para levarlle ao teu cliente unha idea global de todo o que lle podes ofrecer. A calidade gráfica deste libro é un elemento imprescindible que che aforrará moito tempo e dará eficacia á túa comunicación entre os teus colaboradores e clientes.

Creatividade

«Idea», esa é a palabra máxica. A creatividade non se reduce a plasmar unhas imaxes bonitas, un texto impactante… Identificarse, facerse parte, crer no que se vende… A creatividade non é só unha aptitude, na súa base sempre hai unha actitude.

Deseño web

A rede é un mundo no que cómpre estar, sexa cal sexa o teu negocio. É un soporte tan versátil que moitas veces nos custa distinguir os seus usos e utilidades. Un sitio web ten, sobre todo, que achegar os teus produtos e servizos sen complicarlle a vida aos teus clientes, sexan potenciais ou consolidados. Asesorarse ben á hora de arrancar co proxecto web é imprescindible para non perderse no ciberespazo.

Traslada a internet a imaxe da túa empresa ou negocio cun sitio orixinal, limpo, claro e usable que facilite o acceso á información e transmita ao visitante os teus valores e obxectivos, así como a diferenciación dos teus produtos ou servizos, desde o deseño dun sitio corporativo a unha tenda en liña.

Imaxe dixital

Outra paixón que nos move é a fotografía e o retoque fotográfico. A nosa experiencia en tratamento de imaxe dixital garante que as túas fotografías comerciais fregarán case sempre a perfección. Fotografamos e filmamos calquera obxecto ou evento que precises e optimizamos esas imaxes para que sempre leves canda ti a mellor das presentacións. Non sempre é certo que unha imaxe vale por mil palabras, pero somos conscientes de que, moitas veces, unha boa primeira impresión abre a porta que buscabas.

Vantaxes de traballar connosco

  • Orzamentos a medida e pechados para que non teñas sorpresas nas facturas.
  • Facilidades de pagamento: adaptámonos ás túas necesidades, para que pagar non se converta nun problema.
  • Garantías:
    • Personalización.
    • Só quedarás co que che guste.
    • Non che cobramos por adiantado nada que non se contemple no proxecto.

A túa imaxe é algo moi importante para nós. Traballamos pensando sempre nas necesidades do noso cliente. Non che vendemos nada, só lle damos forma á túa presenza no mercado e identificamos estritamente o que precisas, sen inventos nin lerias. Consulta con nós os teus proxectos e verás que é moito máis económico do que pensas.