Quen somos

Aváliannos máis de dúas décadas no eido da edición e o deseño gráfico. Somos especialistas en edición, grafismo e imaxe dixital.

Dseña é o estudo de Xurxo Bértola, profesional con vinte anos de experiencia en grafismo editorial, corporativo e publicitario. Comeza no mundo editorial da man de Sotelo Blanco Edicións en 1988 despois de licenciarse en Filosofía pola USC. Tras esta primeira experiencia no sector, decántase polo deseño gráfico e comeza a traballar no Estudi Jordi Rozas de Barcelona en 1990 onde se centrará no deseño e produción de publicacións corporativas de compañías como Regal Insurance Club, ICI ou Virutex.

En 1992 comeza a colaborar en Milcap Media Group de Sant Cugat del Vallés onde se especializa, ademais do deseño editorial, nas técnicas de tratamento de imaxe e reprodución en color de alta definición. Desempeña durante máis de dez anos o labor de dirección de calidade das publicacións. Tras quince anos nesta compañía, e despois de ter retomado a colaboración con Sotelo Blanco Edicións e mais coa Editorial Ronsel, regresa a Galicia en 2006 onde se establece como profesional independente.

No eido da comunicación colabora desde 1997 a 2006 co xornal electrónico Vieiros, do cal foi correspondente en Barcelona e xestor da edición local deste xornal na capital catalá durante case unha década. Vieiros foi o primeiro xornal electrónico en galego e unha referencia dos medios de comunicación dixitais en Galicia na primeira década deste século. Confíanos a túa imaxe e a túa visibilización comercial e notarás a diferenza no trato e nos resultados.

Colabora tamén con Planeta de Agostini nas traducións ao galego das coleccións de DVDs que esta editora produce sobre o Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

En 2012 constitúese como editor por conta propia baixo o selo Punto G Edicións e publica a tradución ao galego do O clan do oso das cavernas de Jean M. Auel, un best-seller internacional que abre a saga dos Fillos da Terra, unha serie literaria que acadou máis de 45 millóns de lectores e lectoras en todo o mundo.

Servizos e vantaxes

  • Orzamentos a medida e pechados para que non teñas sorpresas nas facturas.
  • Facilidades de pagamento: adaptámonos ás túas necesidades, para que pagar non se converta nun problema.
  • Garantías:
  • Personalización.
  • Só quedarás co que che guste.
  • Non che cobramos por adiantado nada que non se contemple no proxecto.

A túa imaxe é algo moi importante para nós. Traballamos pensando sempre nas necesidades do noso cliente. Non che vendemos nada, só lle damos forma á túa presenza no mercado e identificamos estritamente o que precisas, sen inventos nin lerias. Consulta con nós os teus proxectos e verás que é moito máis económico do que pensas.