• Deseño Gráfico
  • Comunicación
  • Deseño web
  • Imaxe dixital

Deseño gráfico

Ofrecémosche unha resposta eficiente e económica na xestión da túa imaxe en calquera soporte, así como o tratamento e a creatividade nos ámbitos do deseño gráfico comercial. Garantimos unha personalización exclusiva e dedicada ás túas necesidades específicas. Packaging, trípticos, folletos, catálogos, rollers e pancartas… levamos a cabo o deseño gráfico de todos os elementos de difusión interna ou externa da túa empresa ou negocio. Desde o principio ata o final do proxecto asesoramos en formatos, materiais e acabados, para que o deseño chegue ás túas mans cun resultado óptimo que che permita proxectar e posicionar a imaxe da túa empresa ou negocio no conxunto do seu sector.

Deseño editorial

En Dseña aváliannos máis de vinte anos de experiencia no sector editorial e na edición de libros de todos os xéneros, así como revistas e publicacións periódicas. Iso permítennos ofrecerche servizos e prezos sen competencia no mercado. Se es unha editorial ou se es unha persoa ou empresa que precisa ordenar ou publicar un libro, en Dseña podes partir desde cero. Nós axudámosche a dar forma a esa obra que precisas para proxectar a túa imaxe ou os teus coñecementos. Somos expertos editores desde 1989 e facemos traballos de redacción, tradución, clasificación e tratamento dixital de fotografía e ilustracións, maquetación, grafismo e mais deseño de cubertas e coleccións.

Comunicación

Unha simple tarxeta, unha carta dun restaurante, un rótulo, un reclamo... son ferrramentas visuais que te axudan a ter presenza. Calquera soporte é un escaparate para o teu negocio. Se te diferencias do resto, se estás aí, se é doado atoparte e brillas con luz propia, se lle dás importancia ao teu traballo, o cliente sempre valorará a túa inquietude e saberá premiar o teu perfeccionismo.

Identidade Corporativa

A imaxe dun proxecto comercial ou empresarial é un aspecto que non se debe descoidar baixo ningún pretexto. O teu produto ou servizo é importante, pero o xeito de mostralo ao mundo forma parte inseparable do que vendes. A túa imaxe debe achegar sempre un valor engadido, xamais supoñer un hándicap.

Branding

Buscar un nome, pensar nunha marca para un negocio xa consolidado, situarse visualmente nun mercado cada vez máis competitivo... construír marca precisa de horas e horas de traballo conceptual e creativo. Pero sempre é un investimento seguro. Todo emprendedor ou emprendedora soña cunha marca recoñecida socialmente.

Catálogo

Moitos negocios precisan do seu propio relatorio. Un bo catálogo é unha ferramenta extraordinaria para levarlle ao teu cliente unha idea global de todo o que lle podes ofrecer. A calidade gráfica deste libro é un elemento imprescindible que che aforrará moito tempo e dará eficacia á túa comunicación entre os teus colaboradores e clientes.

Creatividade

«Idea», esa é a palabra máxica. Comunicar ideas é unha das partes máis complexas. A creatividade non se reduce a plasmar unhas imaxes bonitas, un texto impactante… Identificarse, facerse parte, comungar co que se vende. A creatividade non é só unha aptitude, na súa base sempre hai unha actitude.

Deseño web

A rede é un mundo no que cómpre estar, sexa cal sexa o teu negocio. É un soporte tan versátil que moitas veces nos custa distinguir os seus usos e utilidades. Un sitio web ten, sobre todo, que achegar os teus produtos e servizos sen complicarlle a vida aos teus clientes, sexan potenciais ou consolidados. Asesorarse ben á hora de arrancar co proxecto web é imprescindible para non perderse no ciberespazo.

Traslada a internet a imaxe da túa empresa ou negocio cun sitio orixinal, limpo, claro e usable que facilite o acceso á información e transmita ao visitante os teus valores e obxectivos, así como a diferenciación dos teus produtos ou servizos, desde o deseño dun sitio corporativo a unha tenda en liña.

Imaxe dixital

Outra pasión que nos move é a fotografía e o retoque fotográfico. A nosa experiencia en tratamento de imaxe dixital garante que as túas fotografías comerciais fregarán case sempre a perfección. Fotografamos e filmamos calquera obxecto ou evento que precises e optimizamos esas imaxes para que sempre leves canda ti a mellor das impresións. Non sempre é certo que unha imaxe vale por mil palabras, pero somos conscientes de que, moitas veces, unha boa primeira impresión abre a porta que buscabas.